Dispoñibilidade: 10-15 días
Ano: 2008
Formato: DVD
Idioma do audio: Galego
35 anos de historieta galega
Produtora: El Patito Editorial
35 anos de historieta galega fai un percorrido pola historia do cómic en Galicia, desde os anos setenta até a actualidade. Ao longo de 55 minutos, os debuxantes Xaquin Marín e Miguelanxo Prado explican a evolución dunha arte que nun primeiro momento, no setenta, foi algo puntual; no oitenta pasou a ser algo marxinal; e xa no noventa e no século XXI consagrouse como unha arte en maiúsculas. Doutra banda todos os que nestes 35 anos participaron dalgunha maneira na formación da Historieta Galega falan do seu papel e do que se viviu en cada momento na banda deseñada en Galicia.





